ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

08/12/14

Unha estrela no vento

Comentario de Carla González Silva



Unha estrela no vento
Ledicia Costas
Xerais








Esta obra de Ledicia  Costas teño que dicir que me encantou. Penso que trata un tema moi importante coma é a amizade e penso que é un tanto tráxica con respecto ao que lle acontece a Abel e a malleira que recibe o pobre Miguel. Cando ía lendo pola metade do  libro estaba a imaxinarme  ao Bruto unha persoa horrorosa e ao mesmo tempo moi violenta, pola que sentía gañas de entrar na historia e dicirlle unhas cantas cousas .
Quizais a parte máis entretida que pode posuír este libro son as conversas que manteñen Miguel e a súa profesora de literatura.
Recoñezo que a actitude de Miguel foi a máis acorde con todo o ocorrido aínda que el pense que non,  defender a Reina por ser xitana, ao seu curmán Abel por posuír unha parálise e o moito que lle axudou a súa nai despois de todo o que lle  acontece penso que é un bo comportamento do cal podamos extraer algo como reflexión. 

1 comentario:

Laura Mariño dixo...

Este libro gustoume moitísimo, sobre todo porque demostra que os adolescentes podemos cambiar o noso xeito de pensar e temos sensibilidade. O que máis me gustou foi o persoaxe de Abel, porque espertou moitos sentimentos en mis, sobre todo tenrura e por suposto pena. Produciume unha gran tristura o abandono por parte do pai...a verdade é que me fai ver a sorte que podemos ter quen temos a nosos pais pendentes de nós...este libro, de momento é o meu favorito, volvería a lelo se ningunha dúbida. Grazas por recomendalo!!