O diario violeta de Carlota
Gemma Lienas
Galaxia
Tiña moita gana de ler este libro, porque o nome de Carlota
tráeme moi bos recordos. Creo que esperaba moito máis,
pensaba que ía ser moi divertido, pero non resultou así .
O seu
argumento pareceume moi interesante, a través del puiden ver como
situacións da vida cotiá poden resultar moi discriminatorias para as
mulleres.
Levoume así a reflexionar sobre a situación da
muller na sociedade, da súa desiguladade ante os homes, pero o que
máis me chamou a atención e comprender que hai tantas mulleres que
seguen vendo normal o machismo, que non se deciden a loitar na súa
contra .
Como final podo dicir que para min este foi un
libro monótono, pero co cal me dei conta de que a muller segue a vivir
situacións inxustas ante as cales e difícil loitar, pero non imposible
como nos quere demostrar Carlota coas súas ideas.
Sen comentarios
Publicar un comentario