ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

09/12/14

A punta de pistola

Comentario de RAquel GArcía


A punta de pistola
Fran Alonso
Xerais






   Este libro a verdade é que non me gustou moito xa que me resultou moi confuso e me costou bastante entendelo. Resultoume confuso porque eu cando lin os dous primeiros capítulos estaba case convencida de que trataba do valor das mulleres, dunha que se deixaba levar polo seu home e doutra muller camioneira que tiña moita coraxe e facía algo que ningunha ou case ningunha muller fixera ata daquela que era conducir un camión. Segundo foi avanzando a historia decateime de que estaba na conclusión errónea xa que a chamada Rica non era unha muller boa que se deixaba enganar polo seu home senón que era tan ruín coma el. A narración da muller camioneira custoume moito entendela porque avanzaba esa historia e eu só me enteraba dunha cousa: que era unha muller camioneira ,que lle gustaba selo, que levaba unha empresa e que reflexionaba os seus pensamentos nun blog.
   Cando apareceu a terceira historia, a de Vanesa e o mozo e se enlazou coa de Rita e o Varas xa fun comprendendo algo mellor os feitos. E segundo ían encaixando as historias empezaba a comprender por primeira vez algo, a historia da muller camioneira enlazábase coa de Vanesa e o mozo, o coche  do empregado de Rita enlázabase coa historia do Varas e así sucesivamente ata que todo encaixou.
Por outra parte e concluíndo así dicir que tampouco entendín o final porque a verdade non quedou moi claro e os personaxes tampouco me pareceron moi interesantes, por iso este libro non é dos máis interesantes que teño lido.
 

Sen comentarios