Comentario de Adrián Mato

Unha estrela no vento
Ledicia Costas
Xerais

Unha estrela no vento
Ledicia Costas
Xerais
É unha verdadeira lección de amizade a que este libro
recolle nas súas follas, pero non só diso senón tamén de adaptación, de axuda
e dun final tráxico como non, para cerrar unha boa obra. Pero aínda que dixen
antes que me parece ben o do fin derradeiro para Abel, penso que non merecía
iso, porque só quería o mellor para o seu curmán.
Gustoume o aspecto cómico que
lle dou a autora ás conversas entre a afamada profesora de sociais e Miguel, do
que hai que destacar a forma de levar as cousas, e a maneira en que se vai
deste mundo para encerrarse nos seus pensamentos, tal é o encarceramento que non
escoita nin a quen o rodean.
Sen comentarios
Publicar un comentario