ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

23/11/14

O corazón de Xúpiter

Comentario de Laura Mariño

 

O corazón de Xúpiter
Ledicia Costas
Xerais





Pensei que non me gustaban este tipo de libros, pero... este unha vez que o comezas é imposible parar. 
As historias das que fala son tan reais, poden ocorrernos, podemos vernos implicados en algo así calquera de nós. 
 Penso que é un libro que toca temas contraditorios como o amor e o risco. 
ÁS veces, non medimos as posibles consecuencias dos nosos actos… e finalmente sufrimos. Aínda sinto a tristura dentro de min, cando cheguei ao final do libro, é unha sensación de querer cambiar as cousas que queima por dentro. O que saco en limpo é que, ás veces, a soidade pode traer consecuencias moi perturbadoras;  gustaríame que moita xente lea o libro, e vexa cos seus ollos os perigos escondidos detrás da vida cotiá.
 

1 comentario:

Sergio Quinteiro dixo...

A min o libro pareceume interesante porque é unha historia que fala de sucesos da actualidade que se están a vivir como o acoso escolar. Ademais e un libro de eses que unha páxina che pide outra.
Gustoume moito porque ten unha linguaxe coloquial e non usa palabras nas que faga falla recorrer ao dicionario para entendelas.
Tamén me gustou moito a historia en si. Eu recoméndolla aos lectores porque me pareceu divertida.