ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

05/09/14

O pintor do sombreiro de malvas

Comentario de Mariña Castro

 
O pintor do sombreiro de malvas
Marcos Calveiro
Xerais





Un adolescente parisino é enviado por súa nai a pasar unha temporada en Auvers xunto coa súa relixiosa e anticuada tía.
 A pesar de levar xa bastantes meses vivindo alí, segue considerando que está nunha aldea perdida onde nunca pasa nada interesante e os veciños non son precisamente agradables... "Un feixe de brutamontes con poucas luces", segundo el.
 Un estraño forasteiro roibo, con sombreiro de palla e trebellos para pintar cadros, chega á aldea nun dos vagóns nos que o rapaz esperaba día tras día ver baixar a súa nai.
 Co paso do tempo o xove fixérase máis cercano ao peculiar pintor, semellando pacífico cando observaba os campos e recollía malvas, pero parecendo entrar en guerra cada vez que se paraba frente a un lenzo. 

A pesar das pinceladas tan apaixoadas de Van Gogh, eu teño unha impresión do libro tan aburrida coma a que ten o rapaz da aldea da súa tía.
 Os sempre típicos amores que matan, o "interesante" pasado da nai do rapaz, a ambientación dun par de séculos atrás e as andadas dun excéntrico artista non me cativaron o suficiente para disfrutar desta historia; na miña opinión, fáltalle algo.  

Sen comentarios