
Comentario de Juan Ares Pérez
Siddhartha
Herman Hesse
Galaxia
Comecei a ler o primeiro capítulo de Siddhartha
e xa me adentrei nun mundo no que me atopaba perdido, e non tiña nin a máis
mínima idea do que o libro me estaba contando.
Trátase dunha novela que ten unha evolución
interior e aprendizaxe do fillo dun brahmán. A través do encontro con distintos
personaxes como Govinda, Kamala ou Vasudeva ómonos encontrando co
desenvolvemento persoal do protagonista e a súa busca dirixida á perfección e á
paz interior. Deixa moito que pensar, porque ten razón en moitas das cousas que
di, como o feito de que un busca algo e trata de encontralo de xeitos
diferentes. Tamén di unha verdade moi certa: a sabedoría non é comunicable como
o saber, porque a sabedoría dun non se pode compartir, en cambio o saber si.
Un libro moi recomendable e fácil de ler e
entender (ao principio custa un pouco).
Sen comentarios
Publicar un comentario