ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

01/06/14

O mundo secreto de Basilius Hoffman

Comentario de Nicolás Rivera

O mundo secreto de Basilius Hoffman
Fernando M. Cimadevila
Urco



Esta é unha historia que te atrapa dende o primeiro momento, aínda que é bastante longa faise moi entretida ao ir mesturando as vidas dos distintos protagonistas. Fernando Cimadevila consegue manter o interese do lector creando mundos misteriosos e lonxanos e personaxes carismáticos aínda que demasiado bos. Eu incluiría unha figura malvada xa que neste libro nin sequera os malos son malos.
O final aberto deíxate coas gañas de saber que pasará no futuro.

3 comentarios:

Maria Izabela dixo...

O mundo secreto de Basilius Hoffman é un libro de fantasía mesturada con lendas antigas. A min non me chamou moito a atención. O xénero de fantasía non e o meu preferido. O libro resultoume baatante aburrido, as descripcións dos persoaxes pareceronme bastante largas e o tema dos soños penso que é algo infantil. Recomendollo á xente a que lle gusten as lendas, resultaralle fácil leelo.

Brais Rodriguez Silva dixo...

A min o libro non me gustou porque non me gustan os libros fantasía.
O libro está ben feito pero non me gustou porque é de fantasía.

anita Cuiña Iglesias dixo...

O historia baséase nun mundo estraño e complexo,onde Hoffman un profesor,emprende unha viaxe co seu sobriño Peter.O libro gustoume bastante porque me pareceu moi entretido polas diversas aventuras.