
Morgún
Suso de Toro
Xerais
É un libro baseado en feitizos, deuses, maxia,
sangue e destinos. O rei Brath é asasinado polo seu fillo Corrub para facerse
co trono. O rei reencárnase en bebé enxendrado no ventre da súa muller. Será
atopado no mar por un guerreiro e os seus fillos, que o criaron coma se fose
outro irmán. Reencarnouse para vingar a súa morte, despois de moitas batallas
ganadas e conquistar castros, chegou onda o seu fillo para retamar a súa
vinganza e así foi.
Os feitos deste libro remóntanse varios
séculos atrás, onde os guerreiros loitaban e deixábanse guiar polos feitizos e
a maxia.
Resultoume difícil de ler polas expresións
antigas que utiliza e un vocabulario complexo. Aínda así gustoume, porque é un
libro distinto aos que estou acostumado a ler.
Sen comentarios
Publicar un comentario