Ás de bolboreta
Rosa Aneiros
Xerais
Este libro gustoume por ter varias historias de
persoas moi diferentes, e que todas acoden cada mañá á cafetería de Eusebio e
Lola, aínda que agora a camareira sexa Patricia porque os donos son xa maiores.
Uns dos que van a esa cafetería son Manuel é seu avó, xa que a nai adoptiva deste rapaz africano morreu. Tamén a frecuenta unha muller que espera a chamada dos seus sobriños que intenta saltar o valado de Melilla. Un dos obxectos máis importantes do local é o ordenador, o cal revisan a diario Mohamed, un estranxeito que abriu un restaurante preto do bar de Patricia, e Iqbal, que lle escribe á súa familia.
O relato dános unha visión da sociedade actual; ensínanos que todos alcanzamos a vellez, que se pode convivir con xente doutra procedencia e a maneira de se integrar das persoas que veñen de fóra.

Sen comentarios
Publicar un comentario