
Mexillóns para cear
Birgit Vanderbeke
Rinoceronte
Este libro a verdade non me
gustou xa que trata temas duros como a violencia de xénero, mellor dito
violencia en xeral, xa que, ademais de golpes tamén están a violencia verbal, e
a violencia psicolóxica entre outras.
A protagonista conta dende o
seu punto de vista como é seu pai e o que ocorre na súa familia.
Intenta que os lectores
comprendamos algo que ocorre nos nosos días e que vexamos que non só o “golpe”
é violencia senón que máis alá un agresor é un controlador e que pretende que a
familia estea sometida e ás súas ordes, non tolera calquera cambio inesperado e,
pretende ter unha familia perfecta (neste caso).
Sen dúbida este libro fai
cavilar, fai discorrer como unha muller pode soportar tal calvario: ter que se
peitear cada vez que volve o marido de traballar, ter a comida feita sen axuda,
limpar, traballar para que este a insulte por ter un traballo “para pasar o
tempo” , coidar dos fillos, entre outros moitos insultos.
Sen dúbida é o primeiro
libro que leo desde un punto de vista así, e fíxoseme algo monótono. Por outro
lado, esperábame outro final xa que esperaba que a muller lle plantara cara e
decidira denuncialo, ou simplemente o botara da casa. O final aberto deixoume
algunhas dúbidas.
Sen comentarios
Publicar un comentario