ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

15/05/14

Made in Galiza

Comentario de Laura Presas Mato

Made in Galiza
Séchu Sende
Galaxia



En Made in Galiza o autor o que nos quere achegar a nós son diversos relatos que nos contan a situación da lingua galega que se atopa marxinada e xa non se emprega moito, todo isto nolo conta con relatos distintos uns dos outros. É un libro que defende a lingua galega e nos di que facer para non perdela. Gustoume o relato de "Na oficina de obxectos perdidos", un home que perdeu a súa lingua nunha discoteca achégase a unha oficina de obxectos perdidos para poder atopala de novo. Ten graza xa que iso é algo imposible de conseguir. Gustoume o libro só polo feito de que nos conta como se atopa a lingua galega de marxinada, e nos inflúe a cambiar esta situación xa que non debemos perder o galego porque é unha lingua coma outra, que ten que perdurar co tempo.

Sen comentarios