ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

14/05/14

Gárgola

Comentario de Sergio Calviño


Gárgola
Carlos Vila Sexto
Galaxia





En primeiro lugar dicir que este libro non me decepcionou.
Tiña moi boas expectativas del, debido ao autor, o xénero…
A historia que se desenvolve arredor de Jeremy é moi intrigante, a vez que confusa, xa que hai persoas que se coñecen por dous nomes, historias entrelazadas no pasado, etc.
A presenza de seres imaxinarios gústame moito tamén, porque danlle moito xogo á historia, e son pezas chave no desenvolvemento desta.
E por último dicir que lle recomendo a calquera persoa que lle guste a intriga, os asasinatos ou ben historias con seres imaxinarios, ler este fantástico libro.
 

Sen comentarios