
Diario secreto de Adrian Mole
Sue Townsend
Xerais
Este
é un libro realista, que conta cun toque de humor os problemas que lle poden
xurdir na vida diaria a calquera adolescente. Conta como Adrián, un rapaz
pasando pola adolescencia, se preocupa por cousas tan simples como, por exemplo,
un gran no barbarote. Pero tamén conta cousas máis serias como ben pode ser a
separación de seus pais.
Se
lle teño que poñer algunha pega sería o final indefinido que ten, xa que a min
non me gustan eses finais. Polo demais, un bo libro.
Sen comentarios
Publicar un comentario