ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

18/05/14

Diario secreto de Adrian Mole

Comentario de Diego Cangas


Diario secreto de Adrian Mole 
Sue Townsend
Xerais




Comezarei a falar deste libro comentando que hai certas cousas que son mellorables en canto a que a obra podería ser inda mellor. A autora podería explicar un pouco máis as cousas que lle pasan a Adrián no día a día. A pesar diso este libro paréceme extraordinario, achégase a ti, como se a historia estivera baseada en algo que realmente che pasou. Tamén quero dicir que ao protagonista a sorte non lle sorrí senón que parece que tivera unha maldición, porque todo o que lle pasa é malo. Por exemplo: ''Sábado 24 de xaneiro, comecei no programa dos Bos Samaritanos, tocoume o vello Baxter, que resulta ser un alcólico, fumador e tamén un porco. Pandora, a rapaza que me gustaba, agora está co meu mellor amigo.'' Cheguei ata a entristecerme de verdade por el, pero para min este libro está xenial e sen dúbida ningunha recoméndolle a todos lelo.

Sen comentarios