
Ámote Leo A. Estación de tránsito
Rosa Aneiros
Xerais
Ámote Leo A. Estación de tránsito pareceume, como
era de esperar, un libro máxico. Ao igual que o fixo na primeira parte da súa
triloxía, resultoume unha historia verdadeiramente fermosa, ou quizais máis,
debido a que xa estaba completamente adentrada nela. Quedei sorprendida co
rostro que se agochaba detrás daquel rapaz co que Leo se rencontrou ao final da
primeira parte, feito que me fixo ter máis e máis ganas de continuar a
historia. Asemade, debo dicir que nos meus pensamentos intuía que se podería
tratar del.
Algo que fixo que esta parte me resutase, quizais, máis
entretida ca a primeira, foi o feito de que Leo viaxase por cidades que ao meu
parecer son verdadeiramente únicas. Entre elas destaco París e fundamentalmente
Roma. Foi unha cidade que visitei hai pouco e da que levo comigo moi bos
recordos. Ademais, a miña lectura cambiou completamente ao darme de conta de que naqueles lugares dos que me estaba a falar estivera eu e puidera ver cos meus
propios ollos.
O que máis me gustou, sen dúbida, foi o final. Era o
último que podería esperar. Que aquela rapaza soñadora e única que sempre tiña
as súas ideas claras e non cambiaría de opinión por nada do mundo, agora, estaba
disposta a abandoar todo iso e darse por vencida. Estaba disposta a retomar a
súa antiga vida, voltar para a casa e olvidarse de todo. Asemade, foi un remate
impresionante a pesar de que agora non poida conter esas ganas inmensas por
saber cal será o final que nos deparará esta historia.
Sen dúbida a súa lectura resulta moi
sinxela e moi entretida, sobre todo, dende o meu punto de vista, cando a
protagonista se atopa cos distintos carteis ou pintadas coas palabras
"Ámote Leo A" que tanto a fan pensar. Resultoume realmente interesante
e ameno aínda que tamén houbese partes un tanto tráxicas que, para min, aumentaron
o interese da lectura. Ademais debo dicir que me sinto moi identificada coa
protagonista, ela fai o que desexa sen importarlle que a alguén lle poida
parecer mal a súa decisión. Por exemplo, foi capaz de raparse ao completo sen
importar a impresión que tiveron posteriormente os seus amigos e familia.
Xa
para rematar, dicir que recomento este libro a todos os amantes da lectura en
xeral, aínda que deberían ler a primera das partes primeiramente para conseguir
que realmente esta historia consiga envolvelos por completo e poidan desfrutar
da maxia desta fermosa historia de Rosa Aneiros.
Sen comentarios
Publicar un comentario