
Sinceramente non sei como comezar a
describilo, é tan sumamente perfecto que sobran as palabras.
Comezarei falando do poema "Fóra de
Xogo", un dos meus favoritos.
"Aínda estou a tempo
de que me traian de volta
cara á terra firme
onde non me obrigan
a sentirme happy
nin a pasalo diver
como a raíña sexy
da festa boba do insty"
De entre outros moitos versos eses foron os
que dalgún xeito máis me chamaron a atención xa que expresa con total certeza
como me sinto, fóra de onda.
Chica Out
Non teño ganas
de ti
Porque son tan real
Provócasme inapetencia.
que sangro nos tampóns,
Vas a saco pola
vida,
ínchanme os peitos
arrasas con todo
e trabo cos dentes.
Mais cando falas,
Porque son tan real
convérteste en sapo,
que,se abro a boca,
e a min,meu little boy,
asusto sen sabelo.
non me abonda
se non ofreces máis nada
que tres ou catro frases
tan falsas como as pelis
de malotes supercachas.
En resumo, estamos afeitas a ter o que
queremos, a saír á rúa como queremos que os demais nos vexan e non como de
verdade somos, a sentir que ninguén te entende, a estoupar por dentro e por fóra
cada cinco minutos, a vivir nun mundo no que as aparencias valen máis que a
personalidade, a sentirse gorda ou fea con cada comentario nunha rede social ou
mesmo nas revistas...
Sen comentarios
Publicar un comentario