
Makinaria
Carlos Negro
Xerais
Boa falta me facía a min ler un libro tan bo
como este. Makinaria é un libro de poesía, e cando mo dixeron xa o asociei como
aburrido, como case todos o facemos. Pero non foi así. Despois de lelo,
atopeime cunha felicidade inexplicable. Certamente este libro nalgunha das súas
poesías, parece como unha canción de rap, como en Sound Play Session Vol. 2, na
cal, as estrofas que máis me gustaron foron:
'da cama te levantas
'solitario e preso
'buscas a saída
escravo do que manda vendido
por un peso cego ante a caída
outra vez aguantas
nada de progreso
mañá será outro día
o cuspe na garganta'
o mundo está reseso' e o luns monotonía'
'cóntame da vida
das rúas sen saída
do medo a caída
as noites de fuxida'
Realmente este libro é marabilloso.
Outras poesías que tamén me gustaron son
aquelas que falan de sexo, como "Fast Food" e "Power Racing Love". Tamén me gustou
o de "No Way", que fala dos pais, e do pesados que poden chegar a ser ás
veces, pero que ó final fano para intentar axudarnos e guiarnos, como ben di no
libro, ó día de mañá. Por outro bando, eu non estou moi ligado ó
mundo das motos, pero gustoume como trata o tema e o final inesperado que
ten.
En fin, non teño palabras para describilo,
simplemente o relerei unha e outra vez ata que se quede comigo para sempre.
1 comentario:
Este libro foi,dende hai moito tempo atras,o único que conseguiu que o relera varias veces sumerxindome en cada un dos seus versos e fundindome no seu ambiente xuvenil e moderno.
Este último pode que fora un factor decisivo pois nos ultimos tempos acostumei a ler libros ambientados en épocas un pouco máis afastadas como a década dos 40 ou similares;o que non me terminaba de axudarme a seguilos lendo.
Este libro e altamente recomendable sobre todo para a xente que nunca leu este xenero pois ao meu parecer as modernidades apoesia sentalle moi ben.Recomendo 100% este libro e doulle un 9.
Publicar un comentario