ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

02/03/14

Unha rosa é unha rosa.


Comentario de Leticia Couto


Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerais
 
 
 
Este libro non está na lista dos meus libros favoritos xa que non reúne todas as características que a min me gustan e o feito de que non me apaixone demasiado ler tamén ten algo que ver. Aínda así, non é un libro que me disgustase nin moito menos. Que estea escrito en teatro é algo bo debido a que facilita a lectura.
 Gústame a maneira na que Suso de Toro enlaza a avaricia dos personaxes e a familia xa que o fai dunha maneira que ata pode resultar un tanto humorística facendo que a historia sexa máis levadeira no canto de ser aburrida. Mesturar traxedia e humor non é algo que pareza doado e este autor faino moi ben.
A medida que vas lendo, unha folla pide a outra e así ata que rematas e ves que ao final, todos acaban ... A vella Rosa, si que é certo que é unha boa persoa pero a vingativa non hai quen lle gañe. O momento que máis me gustou foi cando se meteu no corpo da pobre e inocente Rosiña para vingarse dos seus sobriños. 
Sen dúbida recomendaría este libro a calquera porque é unha boa maneira de pasar un rato agradable e mesmo botar algunha que outra risa coas aventuras de Rosa e os seus sobriños.
 

Sen comentarios