ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

08/03/14

Todo é silencio

Comentario de Aida Vilariño


Todo é silencio
Manuel Rivas
Xerais







 A historia ten lugar en Brétema, na costa Atlántica, onde domina o contrabando galego e ten lugar unha amizade entre tres nenos (Fins, Brinco e Leda) que pertencen a bandos opostos e se acaban convertendo en narcotraficantes ao mando de Mariscal, o maior capo contrabandista.
A historia fíxoseme curta, gústanme as historias de acción e misterio, por non falar das historias de narcotráfico, parécenme moi interesantes.
O final non me gustou demasiado pero en xeral o libro pareceume interesante, cando comecei a lelo pensei que me ía arrepentir de haber elixido este libro entre outros moitos de Manuel Rivas pero canto máis lia máis me gustaba. Quizais non sexa un dos mellores libros que lin pero penso que paga a pena lelo.
É o primeiro libro que leo de Manuel Rivas e espero ler algún máis como por exemplo "As Voces Baixas".

Sen comentarios