ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

11/03/14

Servicio de urxencias

Comentario de Uxía Mosquera Castro


Servicio de urxencias
Suso de Toro

Xerais


Este libro gustoume moito, xa que non parei de rir con el. Ó principio, cando o comecei e me dei de conta de que era unha obra teatral pensei que non me ía engaiolar e non o entendería, pero todo o contrario, ten unha linguaxe clara e fácil de comprender, é un libro sinxelo. Ó paso do tempo vaste imaxinando cada escena que pasa nese hospital na túa cabeza, todo sucede nel debido a que o libro esta dividido en cinco mini comedias nas que conta todos os sucesos que ocorren no turno de garda de Chus. Recomendaría este libro a todas aquelas persoas que lles gusten os textos teatrais e invitaría a que todo aquel que nunca lera un libro coma este, de teatro, que comezara por este, porque lles vai a encantar e non pararán de rir.
 

1 comentario:

Andrés Salgueiro dixo...

Este libro gustoume moito polo gran humor que reflicte. A forma do libro, de estar dividido en “microrrelatos” , enganchoume moito a querer acabar o capítulo no que estaba para ver o que me contaría o seguinte. O feito de que a historia sexa desenrolada nun hospital gustoume.
A min o libro gustoume, entreteume, enganchoume e fíxome rir, así que recoméndollo as persoas que lle guste o humor.