ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

10/03/14

Que me queres, Amor?

Comentario de María Framiñán



Que me queres, Amor?
Manuel Rivas
Galaxia


Non me gustou moito xa que levei unha decepción, xa que pensaba que o libro ía contar historias relacionados co amor. Este libro conta con 16 narracións baseadas na melancolía, o humor negro... Unha das historias que mais me gustou foi "A lingua das bolboretas": está baseada nos incios da Guerra Civil, en Galiza, onde o protagonista é un rapaz, chamado Moncho, non quería ir á escola porque tiña pánico a que lle pegaron os mestres, xa que nesa época era moi habitual que un mestre agredira fisicamente a un alumno, cousa que me fixo razoar moitas cousas. Moncho só tiña un mestre que non agredía os alumnos, chamabase Don Gregorio.

El ensinoulle moitas cousas o rapaz relacionados coa liberdade.

Non é un libro o cal penso que está ben para entreterse lendo, senón para razoar moitas das cousas que temos é que por desgraza houbo xente que non contou coa mesma sorte .
 

1 comentario:

Rubén Campelo dixo...

Este libro, está estruturado en 16 contos, polo xeral, a maioría gustáronme, o que mellor entendín foi A lingua das bolboretas, xa que vin a película e encadeei todo o que ía pasar dunha maneira diferente, recordándoa.
A este libro o único que lle cambiaría sería o título, xa que eu fixera unha valoración antes de lelo, só polo título e pensei que ía ser un libro de amor, romántico, ou algo dese estilo . Estou contento de que se me fixera ameno de ler e de que desfixera a miña primeira valoración.