Comentario de Lucrecia Balagué Blanco
O portal dos elfos
Herbie Brennan
Xerais
Nas vacacións de verán, Henri descobre un pequeno miterio no
xardín do señor Fogarti, nel aparece Pirgus Malvae, o Príncipe Herdeiro do Reino
dos Elfos, o pobreciño fuxiu do seu país para escapar dun serio perigo,
causados polos elfos da noite e os demonios do príncipe Beleth. Gstoume moito
este libro porque mezcla a fantasía coa mitoloxía e a ciencia.
Dende pequeña fascináronme os elfos e as súa historias, este libro
reflicte un mundo de fantasía distinto ao que nós pensamos, cada un pode
facerse unha idea totalmente distinta, exceptuando pequenos detalles coma na
roupa, todos pensamos que os elfos levan posto un simpático gorro na cabeza e
unha zapatillas cun cascabel na punta e que, ao andar, fan ruído. Como non,
estas historias ocorren en xardíns ou lugares rodeados de árbores,
herbas, frores, etc. É perfecto para mentes creativas con moita imaxinación,
como a miña. Penso que este libro non ten nada de malo, é doado de ler e de
entender, polo que se ve non ten ningún inconveniente para non lelo.
Recomeéndoo aos lectores amantes dos elfos e da fantasía.
Floco de Millo: ela é booktuber
Hai 9 anos
Sen comentarios
Publicar un comentario