ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

17/03/14

O corazón de Xúpiter

Comentario de Alba Iglesias Lopez
 
 
O corazón de Xúpiter
Ledicia Costas
Xerais
 


Sen dúbida  foi un dos libros que máis me gustou xa que o primeiro día que o empecei a ler enganchoume tanto que só pensaba en rematalo. Para Isla, a protagonista desta historia, non foi fácil cambiarse de lugar, facer novos amigos e adaptarse a esa nova vida. Pero pronto coñece a Mar, unha moza que lle confesa que é lesbiana e coa que vai ter unha gran amizade e que a pesar das pelexas sempre van estar xuntas, tamén Anxo vai ser un dos seus mellores amigos. Nunha festa, el dálle un bico porque está namorado dela, pero rexéitao e confésalle que por internet leva falando meses con Xúpiter e di que está namorada del aínda que nunca o vise e non soubese como era en realidade. Ela non lle facía caso ós consellos e advertencias que lle daban os seus amigos sobre o tema de ter unha relación por internet porque non era de fiar . Non todo van ser cousas boas, tamén Marcos Carballo e os seus amigos tamén lle van facer a vida imposible durante o curso.
 O final do libro sorprendeume bastante ao saber como era Xúpiter, que era fillo da dona da cervexería que aparecera morta hai anos no océano e que acaba asasinado a Isla. Estas cousas pasan moito na vida real e hai que ter coidado coas redes sociais e creo que a autora o relata moi ben. O libro estivo xenial e volvería lelo outra vez.

Sen comentarios