ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

18/03/14

Conta Saldada

Comentario de Rocío Fernández Cuíña


Conta Saldada
Suso de Toro
Alfaguara




  Este libro conta a historia na que un día Ismael, o pai de Catuxa, aparece morto e todos cren que foi un suicidio. Estando na oficina de seu pai, á que ía moitas veces, a Catuxa aparéceselle e empeza a falar con ela escribíndolle no ordenador e cóntalle o que ocorreu verdadeiramente, e ela decide vingar a morte de seu pai e para isto conta coa axuda de quen a ela lle di seu pai que é seu medio irmán. Estes van ó restaurante do narcotraficante que seu pai acusa da súa morte e enganados por el que lles fixo crer que o verdadeiro asasino era outro home que era o que tiña aínda o cinceiro e onda quen os levaría se eles quixeran. Creron nel e saíulles mal, si que os levou a casa do outro home pero querían matalos pois sabían demais, pero alí a muller do home matou ó seu marido cun fouciño e os rapaces ó narcotraficante. Ó final saldaron a conta e enteráronse de que en realidade non eran medio irmáns senon que ora un engano da nai do rapaz para que os mantivese.
 Nunca lera un libro deste autor e si que gustou e mesmo me fixo gracia nalgunhas partes. Non o considero unha obra destas que nos fan reflexionar ou da que podemos extraer algo senón que máis por diversión ou por entreterse. E iso sí, aínda que o recomendo non é un libro recomendable para acompañamento dunha comida que a sutilidade non é un rasgo destacable nesta lectura.

Sen comentarios