Comentario de Alberto FariñaVinte en escena
Rosalía Fernández Rial
Positivas
Este poemario de Rosalía Fernández Rial sorprendeume
moito. Lendo estes poemas, a autora mediante a poesía faite viaxar a moitos
lugares e todos de natureza diferente, e neste poema a voz que soa son de
persoas que nunca me imaxinaría que puideran facer poesía, prostitutas,
mendigos, drogaditos… Persoas esquecidas e apartadas da sociedade, e que eu
nunca pensaría que puideran ser capaces de dar vida a poemas tan “fermosos”.
En
xeral encantoume todo o libro pero gustaríame destacar un poema, o primeiro
“Esquecemento”, que ademais de ser fermoso rompe co mito de que o mellor sempre
está ao fin, xa que este é a primeira escena das vinte das que hai no
poemario.
Sen comentarios
Publicar un comentario