ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

09/02/14

Servicio de urxencias

Comentario de María Framiñán


Servicio de urxencias
Suso de Toro
Xerais





Un libro teatral ó que non estou acostumada a ler con moita frecuencia , aínda que a forma de redactalo  do autor gustoume moito porque lese moi rápido e enténdese todo perfectamente.

 Este libro foi feito para unha serie da TVG, un dos personaxes que máis  me gustou foi sen dúbida Paulino .


Unha das partes que máis me fixo rir e o volvín ler de segunda foi cando Manolo, mozo de Encarna, namora dunha vaca. Servicio de urxencias é un libro con moita retranca no que o lugar onde se centra a historia é un centro de urxencias onde hai varios sucesos equívocos: cos pacientes, nas operacións... Unha cousa a cal me chocou moito a hora de ler o libro foi que todos os personaxes tiveran os apelidos iguais, xa que iso non é moi común nos libros cando os les. Pareceume unha forma moi boa na que  Suso de Toro, o autor, redacta unha serie  de capítulos nos que hai todo tipo de bromas e retrancas, onde enfoca  un punto de vista ao que nos  non estamos acostumados a ver un centro de urxencias .
 

Sen comentarios