ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

18/02/14

Servicio de urxencias

Comentario de Issiris K. Ramire M.


Servicio de urxencias
Suso de Toro
Xerais






 Gustoume moito este libro porque é moi divertido e axuda a darlle un significado diferente ás nosas vidas. É unha comedia moi interesante e recomendable para as persoas que lles guste a comedia. Hai moitas escenas da obra que me chamaron moito a atención e que me fixeron rir ata non dar máis. A parte que máis me gustou foi cando Encarnación e Cipri confundiron as radiografías do home que tiña cirrose e a muller que estaba en estado, e cando o doutor Paulino dille a dieta que debe ter o home embarazado para coidar ben do bebé e como ten que falarlle ao seu neniño. Despois, danse de conta que Encarnación confundiuse e o home ten cirrose mentres que a súa muller está embarazada dun neno de 3 meses.
Outra escena que me gustou da obra, foi cando a doutora Chús golpeou a unha velliña que viña a urxencias pensando que era o seu mozo. O seu mozo viña para pedirlle perdón pero esta non lle fixo caso. A velliña foi encontrada no chaán polo doutor Paulino e este axudoulle a levantarse.
Eu aconsellaríalle a algúns dos meus amigos ler esta obra tan graciosa e interesante e gustaríame tamén ler máis libros deste mesmo xénero.

Sen comentarios