
Que me queres,amor?
Manuel Rivas
Galaxia
Escollín o libro de Manuel Rivas, porque me dixeron que escollera ese como
o primeiro, non por decisión propia; e a verdade, o libro é tan entretido que o
tempo pasóuseme voando. Persoalmente, a min non me gusta moito ler; pero
teño que dicir que cando acabei o primeiro relato quedei bastante enganchado.
Usa unha linguaxe moi fácil de entender con palabras da vida cotiá, e as súas
historias poderían ser, sen dúbida ningunha, casos reais, aínda que algúns finais son
algo inesperados, como por exemplo, o do relato que fala sobre os guionistas que
son ex-amantes, no cal se tivera desenlace para min sería máis interesante.
Deste libro non me gustaron todos os relatos, hai algúns que simplemente non
lles vexo moito sentido, como é o caso do relato titulado "Carmiña"
que por moitas veces que cavilo no final, non o logro comprender, podería dicir
que ese foi o que menos me gustou. Non entendo moi ben o porqué este libro leva
o nome dun dos relatos que menos me gustou; para min o relato máis entretido,
con gran diferenza, foi o relato titulado "A lingua das
bolboretas", para min é o que conta coa mellor historia dos dezaseis
relatos, e dános unha idea de como eran tratados os republicanos cando comezou
a guerra civil no 1936. En xeral, o libro recomendaríallo a calquera persoa que
se aburra ao ler un libro cunha historia fixa, e a calquera persoa que lle guste
ler, xa que neste libro se unha historia é aburrida tes a opción de pasar á
seguinte. Definitivamente, rematei este libro e quedei bastante ledo de
rematalo, xa que me deu ganas de comezar a ler o seguinte.
Sen comentarios
Publicar un comentario