
Os Dous de Sempre
Castalao
Galaxia
Este libro pareceume moi bonito e entretido, xa oíira falar del
e hai tempo que tiña ganas de lelo.
Cóntanos a historia de dous amigos galegos: Pedriño, que come o que
lle poñan diante, e Rañolas, un rapaz eivado das pernas que anda en crequenas.
Conforme van medrando vanse separando, e o narrador conta como lle vai a cada
un deles. Pedro non serve para traballar e Rañolas percorre medio mundo e
aprende moitas cousas, entre elas o oficio de reloxeiro.
Ao final os dous reencóntranse e viven no mesmo lugar
durante os últimos anos.
Houbo partes que me gustaron moito, o final sorprendeume, non
o esperaba e decepcionoume un pouco. O que máis me gustou foi como o autor describe
a viaxe de Pedro a América. Pedro volve máis pobre do que foi e a súa sogra
bérralle máis que de costume. Eu estudara que moita xente que emigrara a
América volvera pobre e que a minoría volveran con cartos ou ricos, pero neste
caso cheguei a pensar que Pedro sería afortunado e voltaría rico.
O libro en si está ben, paseino ben lendo e acabeino en tres
días. Xa me dixeran que o final era o mellor, e imaxinárao doutra forma, por
iso me decepcionou. Polo demais está moi ben e recoméndollo a calquera.
Sen comentarios
Publicar un comentario