Comentario de Lucía García Rodríguez

Diario vermello de Carlota
Gemma Lienas
Galaxia
No primeiro que me fixei cando collín o libro foi no
seu grosor. Tiña un número considerable de páxinas pero non me importou. Non
recordo ter lido un diario, por iso collín este.
Pensei que se trataría dun relato da vida de calquera
adolescente sen entrar en temas coma o sexo. Pero nas primeiras páxinas
decateime de que me enganaba. Paréceme que a autora tivo unha idea xenial para
explicar este tema: facelo mediante un relato aplicado á vida dunha
adolescente, Carlota. Deste xeito resulta máis ameno. Tamén fai referencia as
discriminacións que sufría e, en casos, segue sufrindo a muller neste aspecto.
Esta novela ten tamén un punto informativo do que podemos fiarnos xa que está
revisado por profesionais.
O libro ten as súas partes aburridas, pero son poucas.
Para min estas foron cando Carlota anotaba no seu diario vermello a información
de folletos extensos.
O final está bastante ben. Por unha parte gustaríame
que a autora relatase a viaxe da protagonista a Amsterdam e o encontro con
Koert. Pero así o lector pode imaxinalo como queira. Se non imaxinamos o que as
palabras non están dicindo, a historia acabaríase no último punto do libro.
Destacar o afán de Carlota por saber e preguntar,
cousa que a algunhas adolescentes adoita darnos vergoña.
En xeral o libro gustoume porque é realista. Está moi
ben relatado.
Sen comentarios
Publicar un comentario