ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

04/01/14

Rúa Carbón

Comentario de Lucía García Rodríguez


Rúa Carbón 
Marilar Aleixandre
Xerais




Rúa Carbón foi un libro que me engaiolou dende a primeira páxina que lin. Conta a historia de Paula, unha rapaza que descobre quen é realmente o seu defunto pai nunhas vacacións que pasa no País Vasco.
Esta é unhas desas historias que son entretidas e eu tiña a necesidade de saber o que ía pasar. Gustaríame que Marilar Aleixandre seguise escribindo máis, pois fíxóseme unha historia curta. 
Foi un dos libros que máis me gustou e recoméndoo.

1 comentario:

JULIÁN GÓMEZ VILLAMAYOR dixo...

Gústame Paula pola personalidade que ten, non apoia as ideas de seus pais, nin tampouco as de Martín, pese a estar namorada del. Ela ten a súa maneira de ser e non se deixa influenciar polos demais, non quere pertencer ao "Carbón", senón vivir tranquila e con dignidade. Gustoume o libro porque o estaba lendo e ao mesmo tempo vivíndoo é unha historia da vida mesma.