Comentario de Mario Salgueiro Tallón
Eu, pel
Teresa González Costa
Xerais
ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.
31/10/13
Eu, pel
Atoparalo en Ciencia ficción, Xerais
Eu, pel
Comentario de Uxía Mosquera Castro
Eu, pel
Teresa González Costa
Xerais
Este libro pareceume algo raro, foime
bastante difícil de ler e comprender, xa que ao principio comeza
cun parto dun neno non desexado polos seus pais e logo repentinamente cambia a
outra historia que ao final se van complementando ao longo do libro.
Unha das
miñas partes preferidas foi cando Vera unha garda do Inolvidable rescata
a Nicki e logo
cando Nicki se reencontra con Tomás.
Si,
foime difícil de ler pero gustoume bastante ao comprender a historia
Atoparalo en Ciencia ficción, Xerais
30/10/13
Todos somos
Comentario de Daniel Ramos Crespo
Todos somos
Marcos Calveiro
Xerais
Primeiro
vou falar da miña opinión persoal sobre o libro. Este libro ao comezo
desconcertoume un pouco polos cambios de protagonista, en cada capítulo era un
distinto, pero despois cando todo se xuntou para empezar co tema principal,
como é a desaparición de Natalia, gustoume moito. Porque era dramático e
apaixonante.
A segunda cousa que vou comentar é do que nos quere dicir o
libro. O libro no tema que máis se centra é da situación actual da sociedade: a
solidariedade cidadá fronte a algúns sucesos tráxicos, o movemento de masas
manipulados polos medios de comunicación
e os moitos traballos policiais que acaban sen éxitos.
E quería sobresaltar o personaxe de Belén Soliño pola facilidade que
teñen os medios de comunicación para manipular as masas de xente. Debatendo sempre
sobre o mesmo tema pero a xente de hoxe en día iso gústalle.
Atoparalo en Actualidade, Crimes, Dor, Familia, Marcos Calveiro, Misterio, Sociedade, Sufrimento, Traxedia, Xerais
Bágoa de Lúa
Comentario de Mª Eugenia Gil
Bágoa de Lúa
As Crónicas de Landereina
Sabela González
Este libro está ambientado en dúas épocas
distintas, pero conectadas entre si. Trátase do mundo das amazonas (no ano
1227) e do mundo da realeza( no ano 1164).
A protagonista sen dúbida algunha é
Berenguela, filla dunha amazona (Siastia) e pertencente á familia real. A
coprotagonista é Güanela, filla da druída da aldea das amazonas. Outros
personaxes que cabe destacar son Cátaba e Bunm, pais adoptivos de Berenguela;
Breihm, amigo de Bunm; a traidora, Maërsis, antiga amazona; Bénegard, bisavó de
Berenguela e Berthel, bistío de Berenguela; entre outros. O mago Wiasmau tamén
xoga un papel importante na historia.
Esta historia resumiríase así:
Nunha aldea de amazonas, Berenguela é separada
da súa nai, a cal aceptou pensando no seu ben. É levada á casa de Cátaba,
antiga amazona da aldea. Un día a aldea das amazonas é atacada polos guerreiros
kaihunn, seguidores da traidora. Tras o ataque á aldea amazona, Güanela viaxa
ata a casa de Cátaba, Bunm e Berenguela para contarlles o ocrrido. Deciden nese
momento por en marcha o plan acordado para este tipo de situacións. Os
guerreiros kaihunn séguenos durante o camiño ata Ghekla, onde se atoparán co
mago Êlekva que protexerá a Berenguela e á prezada pedra que posúe. Durante o
camiño, Berenguela descubre moitas cousas do seu pasado: a súa procedencia da
familia real, o valor do amuleto que a súa nai lle regalara, a Era Escura e a
súa relación con ela, o poder que contiña e perigo que podía pasar. Tamén
durante ese camiño, é forzada a deixar atrás a Cátaba e a madurar moi
rapidamente, a saber tomar decisións e a
conlevar o que con elas trouxera. Nese camiño, coñece a uns centauros, a un elfo e dáse conta do valor que ten para
ela Güanela. Este libro ten final aberto, que continuará no resto da Triloxía “As crónicas de Landereina”.
Está escrito en xénero narrativo.
A miña opinión persoal é:
Gustoume o libro en xeral, era entretido e
divertido. A parte que quizais non me guste do libro é que ten o final aberto,
aínda que dá ganas de ler o resto da triloxía. Outra das cousas que non me
convenceron moito foi que mesturaba as partes: nun capítulo estaba falando de
Berenguela e da súa vida ao lado do mar; pasaba a estar falando sobre anos
atrás, como Benegard coñecía o segredo da familia. Era un pouco enrevesado,
pero atopábaslle o sentido canto máis avanzabas na lectura.
29/10/13
Eu, pel
Comentario de Julián Gómez Villamayor
Eu, pel
Teresa González Costa
Xerais
O libro
en xeral non me gustou porque me resultou difícil de ler, xa que non acababa de
collerlle o fío. Algún capítulo conseguíame enganchar, coma cando Niki despois
de escapar do centro que estaba internada foi collida no coche da policía Vera,
ou cando foi descuberta polo Innominable, que máis tarde sóubose que se chamaba
Víctor. A partir de aquí foi a parte que máis me gustou do libro. Estaba
intrigado por saber que quería o Innominable de Niki e como se desenvolveron os
acontecementos. Grazas a ela o Innominable púxolle cor á súa pel, por fin era
unha persoa con sentimentos, quería sentir o amor e cariño que nunca tivera
polo seu aspecto físico tan desagradable debido a unha maldición dos seus
antepasados. Seu pai dixéralle que a culpa fora toda de súa nai, que estando
embarazada tomara unhas pílulas para estar sempre fermosa e por iso El saíra
con aquel envoltorio que non era pel e tivera que andar toda a vida cunha
máscara porque a xente escapaba del co medo.
Pouco lle durou a alegría porque morreu pouco despois de inxectar o líquido que lle poría cor á pel e Niki puido volver a xuntarse con Galeán, Saviana, Alonso e Tomás. O final tamén me decepcionou un pouco, pero creo que foi porque o libro xa non me viña gustando de atrás.
Pouco lle durou a alegría porque morreu pouco despois de inxectar o líquido que lle poría cor á pel e Niki puido volver a xuntarse con Galeán, Saviana, Alonso e Tomás. O final tamén me decepcionou un pouco, pero creo que foi porque o libro xa non me viña gustando de atrás.
Atoparalo en Ciencia ficción, Xerais
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)