ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

15/12/13

O inferno de Marta



Comentario de María Eugenia Gil Pallares


O inferno de Marta
Pasqual Alapont
Editorial Xerais



“A moza mirouno en fite, coma se non o oíra ben. De estar de humor riría, de ter bágoas choraría, mais xa non lle quedaba nin unha cousa nin a outra.” Este libro gustoume moito. Posiblemente sexa agora o libro que máis me gusta. Fíxome reflexionar, darme conta do que pasa ás miñas costas, do que me pode pasar. De que non podemos xirarnos e facer coma se non pasase nada, porque hai unha persoa sufrindo, e hai que axudala, sexa como sexa. Porque esa persoa non se dá conta do dano que lle poida ocasionar. Sabe que esa relación é “tóxica”, pero o problema é que non dá saído dela. A Marta,  protagonista deste libro, pásalle este caso. Héctor, un rapaz que coñece, semella boa persoa. Semella. Este rapaz ten cambios repentinos de ánimo e pasa de ser feliz con Marta a pegarlle e ameazala. E Marta, incapaz de facer outra cousa, queda inmóbil e asinte. A viva imaxe do novo libro “Cásate e se sumisa”.  Estaba envolta nunha nube de confusión e por moito que as súas compañeiras llo advertisen, ela seguía sen facer caso. Ao final, como toda muller debería facer nesta situación, Marta esperta do pesadelo e decide marchar. Héctor acoitélaa. Cando todo se resolve, o fillo de Héctor e de Marta, mellor dito de Marta nace san. Digo de Marta soa porque alguén capaz de matar a outra persoa non ten nome. 
Para min este libro ten un 10 sen dúbida ningunha. Recomendo a lectura del porque é un libro fermoso que reflicte a sociedade actual e que che abre os ollos.
 

Sen comentarios