Comentario de Alberto Fariña
O heroe
Manuel Rivas
Xerais
O heroe é a primeira obra de teatro de Manuel Rivas que lin aínda que non o
primeiro libro que leo de Manuel Rivas,
e tamén espero que non sexa o ultimo, xa
que todos me encantan. Pero este namoroume máis que ningún, non sei se serán os
personaxes, a historia, ou como está escrito, pero sinxelamente engaioloume.
Unha das cousas que máis me encanta do libro é o xogo que fai co tempo, como na
primeira escena na que fala de algo que xa pasou, e logo na segunda escena
representa iso do que falou na primeira, este recurso encántame. Outra cousa
que me encanta son os personaxes, a forma de ser, a personalidade, e os seus
nomes, Caronte, Sigrás, O´Oblicuo, Medias Vermellas… Creo que non teño nada
malo que dicir do libro. Outra cousa que fai que o libro me guste un pouco máis é o momento no que se encontra a historia, unha época situada entre o
franquismo e o mundo actual, do xa teño lido moitas veces. E para acabar, non
podo evitar recomendalo a todos, xa que é un gran libro, dos mellores que teño
lido, e aínda que sexa teatro, o teatro non morde!
Sen comentarios
Publicar un comentario