ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

15/12/13

Ariadna

Comentario de Rubén Lanzó Estévez

Ariadna
Xosé Miranda
Xerais




Foi un libro bastante bo, cunha historia de aventuras  bastante entretida.
Pero realmente o libro ten que ver coa sobre explotación humana na Terra e como nunha época determinada por culpa da contaminación imos ter que irnos do planeta ao menos que non fagamos algo para parar esta contaminación . Ese é o auténtico significado que ten o libro.
Por outro lado o libro gustoume aínda que ao principio é bastante enredante  xa que fala de que son irmás, pero Ariadna chamaba a Adriana por “mamá”. Menos mal que ao final resólvese esa dúbida.
Polo resto a historia está bastante ben e fixo que o libro me gustase.

1 comentario:

Alberte Payo Lara dixo...

Na miña opinión este libro e sinxelo de ler, ten unha escritura sinxela, sen términos difíciles. Pertence ao campo literario da fantasía, pois eu non vexo moi real, cazar unicornios ou que haxa unha rapaza robot que se sinta unha muller de verdade.
Eu creo que é unha boa obra e a tódalas pesoas as que lle preguntei polo libro antes de leelo, dixéronme que era interesante e entretido