ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

17/12/13

A evolución de Calpurnia Tate

Comentario de Martina Domínguez



A evolución de Calpurnia Tate
Jacqueline Kelly
Kalandraka

Este libro gustoume moito. Deume pena non poder desfrutalo máis tempo xa que o tiven que ler algo apurada, pero, de todos modos, iso non foi moi difícil xa que dende o principio engancha.
Calpurnia paréceme unha rapaza moi intelixente e aguda, encántame como protagonista. A súa relación co seu avó é moi envexable, ao igual que a que ten con Harry, Travis e Jb, seus irmáns, e o máis bonito é que ela sábeas apreciar de sobra.
Gústame a súa forma de pensar, de reflexionar os porqués da vida e non seguir todas as normas, como cando cortaba o pelo ás agachadas da nai, ou intentou pedir un libro na biblioteca que supostamente non era para ela. Aínda que tamén se ven aspectos da súa inmadurez como cando Harry lle falou da súa moza e se puxo tan celosa, demostra que é moito máis madura que algúns adultos dos que estaba rodeada, como súa nai, non me gustou nada o seu papel na historia, é o reflexo dunha de tantas nais machistas que había antes e que segue habendo a día de hoxe.
Sen dúbida tamén se ve que é unha rapaza moi curiosa e que está desexando aprender cousas da ciencia. É abraiante que naquelas épocas as rapazas na escola o que aprendesen fose a "comportarse como damas", andar erguidas, calcetar calcetíns e demais cousas dese tipo... Pero a Calpurnia non lle gustaba iso, ela interesábase máis por cousas como a ciencia.
O personaxe do avó tamén é moi bonito xa que en moitas ocasións tampouco lle dá importancia a certas cousas que nese tempo eran inconcebibles e é moi cariñoso con Callie.
Ademais, ensínalle moitas cousas útiles e axúdaa nas investigacións.
E finalmente dicir tamén que o libro é interesante porque conta como era a sociedade nese momento e alí, en Texas.
En resumo, o libro encantoume, recoméndoo a todos os públicos.

Sen comentarios