Ámote Leo A.
Rosa Aneiros
Xerais
Teño que confesar que o libro non foi do meu agrado e
que se me fixo bastante pesado, xa que non me conseguiu “atraer” dende un
principio e non comparte moitos gustos comigo. Tamén levei un “chasco” xa que o
que me causou intriga para seguir lendo non se desvela no libro (a mensaxe
"Ámote Leo").
Inda así isto non quere dicir que non sacase cousas
positivas del, xa que así foi. Principalmente dúas:
- Que calquera ilusión ou soño que teñas e que perdas doutros soños para poder conseguilo, nunca o abandones. Xa que por exemplo, no caso de Leo que lle fallaron os amigos, iso non foi impedimento para perder algo polo que levaba tanto tempo agardando e aforrando. Ela fixo o que tanto soñara soa e pasouno moi ben de todos modos (con momentos malos tamén, pero a maioría eran bos), cousa que igual se fose cos seus amigos non sería así. Polo tanto, ti se desexas algo lánzate a por el, que nada te free.
- Que nunca te fíes completamente de ninguén, procura desconfiar sempre un pouco (que non se che note claro), pero ata que non a coñezas moi ben a esa persoa, non te fíes dela. Xa que pode ter outras caras que non che ensina que te poden prexudicar, como lle pasou a Leo con Edmundo (ela foi lista e non se fiou completamente del e librouse antes de que a puidese prexudicar).
Para rematar quixera
dicir que me encanta dous detalles que ten a autora. Un é a súa forma de facer
enumeracións, é especial xa que a min ocasionábanme algo de desorde e picaresca
que me gustou. É outro é o da elección de nomes para as personaxes, xa que a
min me resultaron estraños e graciosos.
Sen comentarios
Publicar un comentario