Este libro está ambientado en dúas épocas
distintas, pero conectadas entre si. Trátase do mundo das amazonas (no ano
1227) e do mundo da realeza( no ano 1164).
A protagonista sen dúbida algunha é
Berenguela, filla dunha amazona (Siastia) e pertencente á familia real. A
coprotagonista é Güanela, filla da druída da aldea das amazonas. Outros
personaxes que cabe destacar son Cátaba e Bunm, pais adoptivos de Berenguela;
Breihm, amigo de Bunm; a traidora, Maërsis, antiga amazona; Bénegard, bisavó de
Berenguela e Berthel, bistío de Berenguela; entre outros. O mago Wiasmau tamén
xoga un papel importante na historia.
Esta historia resumiríase así:
Nunha aldea de amazonas, Berenguela é separada
da súa nai, a cal aceptou pensando no seu ben. É levada á casa de Cátaba,
antiga amazona da aldea. Un día a aldea das amazonas é atacada polos guerreiros
kaihunn, seguidores da traidora. Tras o ataque á aldea amazona, Güanela viaxa
ata a casa de Cátaba, Bunm e Berenguela para contarlles o ocrrido. Deciden nese
momento por en marcha o plan acordado para este tipo de situacións. Os
guerreiros kaihunn séguenos durante o camiño ata Ghekla, onde se atoparán co
mago Êlekva que protexerá a Berenguela e á prezada pedra que posúe. Durante o
camiño, Berenguela descubre moitas cousas do seu pasado: a súa procedencia da
familia real, o valor do amuleto que a súa nai lle regalara, a Era Escura e a
súa relación con ela, o poder que contiña e perigo que podía pasar. Tamén
durante ese camiño, é forzada a deixar atrás a Cátaba e a madurar moi
rapidamente, a saber tomar decisións e a
conlevar o que con elas trouxera. Nese camiño, coñece a uns centauros, a un elfo e dáse conta do valor que ten para
ela Güanela. Este libro ten final aberto, que continuará no resto da Triloxía “As crónicas de Landereina”.
Está escrito en xénero narrativo.
A miña opinión persoal é:
Gustoume o libro en xeral, era entretido e
divertido. A parte que quizais non me guste do libro é que ten o final aberto,
aínda que dá ganas de ler o resto da triloxía. Outra das cousas que non me
convenceron moito foi que mesturaba as partes: nun capítulo estaba falando de
Berenguela e da súa vida ao lado do mar; pasaba a estar falando sobre anos
atrás, como Benegard coñecía o segredo da familia. Era un pouco enrevesado,
pero atopábaslle o sentido canto máis avanzabas na lectura.