ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

13/06/13

Resistencia

Comentario de Ana Castro


Resistencia 
Rosa Aneiros
Xerais




Esta novela de Rosa Aneiros representa unha fermosa historia de amor baseada no sufrimento. Un sufrimento marcado pola loita continua entre os protagonistas, xa que a pesar de ser de distinta clase social apostaron pola súa historia dende o seu comezo.
Unha historia ambientada na represión existente en Portugal e marcada por continuas reivindicacións. O que nos leva a pensar que todo o que desexes pódese conseguir a través de grandes esforzos. Uns esforzos que seguen as pegadas da ilusión pero sobre todo uns esforzos que marcan a diferenza entre os soños e a realidade.
Persoalmente, recomendo este libro a toda a xente que lle guste ler e gustaríame dicirlle que non se fien polas apariencias xa que estas enganan. Este libro a simple vista pode parecer excesivamente longo pero non é así, porque unha vez que o comezas a ler non es capaz de parar.

Sen comentarios