ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

13/06/13

Os teus dedos nas miñas bragas con regra

Comentario de Esperanza Rodríguez


Os teus dedos nas miñas bragas con regra
Lupe Gómez
Xerais



Este libro de poemas de Lupe Gómez encantoume, igual ca Pornografía.
A autora é claramente feminista, característica que me gusta moito igual ca os poemas que ten referidos a iso. Da súa obra hai moi poucos poemas que non me gustaron, pois algúns facíanme rir, con outros sentíame identificada, e outros facíanme pensar durante longo tempo.
A súa maneira de expresarse é moi profunda e asombra como con poucas palabras pode englobar tanto significado.
Moi boa poeta e por todo isto que me fixeron sentir os seus libros foi o motivo polo que a escollín para o noso traballo. Foi unha auténtica pena que non puidera colaborar connosco pero igualmente gozamos coa actividade!

Sen comentarios