O señor Ibrahim e as flores do Corán
Eric-Emmanuel Schmitt
Faktoría K
Ao principio non me chamou moito a atención xa que só falaba dun señor que
tiña unha tenda, dunha rúa chea de putas e dun rapaz que se fixo home cunha
delas. Pero a medida que avancei na lectura foime chamando a atención todo o
que pasaba: o señor Ibrahim dicía que a súa felicidade proviña da sabedoría que
tiña do que había no seu Corán, o transcurso da relación entre Momo e o seu pai
e xa na metade tirando para ao final era incrible o moito que cambiaran as
cousas e o final ademais de triste foi moi bonito, sentimental e auténtico.
Gustoume moito este libro.
Sen comentarios
Publicar un comentario