ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

01/06/13

O señor Ibrahim e as flores do Corán

Comentario de Ana Castro




O señor Ibrahim e as flores do Corán
Eric-Emmanuel Schmitt
Faktoría K

Momo é un adolescente xudeu marcado pola falta de cariño, xusto ao contrario que o Señor Ibrahim xa que el é a voz da experiencia.
Este texto representa o lazo entre dúas culturas totalmente diferentes e amosános que non debemos ser racistas, un concepto que está moi vixente no noso día a día. Porque, que é o que nos fai ser diferentes uns de outros e pensar que somos superiores? Pois o certo é que non o sei, é algo que supera o meu entendemento e chega moito máis aló do que nós imaxinamos.
O lazo que se formou entre Momo e Ibrahim está baseado na amizade porque, que sería de nós se non tivésemos en quen apoiarnos? Seríamos como estatuas de mármore que nin senten nin deixan sentir pero, que o seu consolo é que ambas serán admiradas de igual a igual.
 Este relato está baseado na realidade e trata un tema moi actual que deberíamos intentar corrixir para que nun futuro todo poida ser mellor.

Sen comentarios