ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

16/06/13

Cartas de Inverno

Comentario de Lucrecia Blanco


Cartas de Inverno
Agustín Fernández Paz
Xerais

Este libro gustoume moito, xa que é unha historia de misterio e suspense que xa no principio quedas atrapado nel e non podes parar de lelo. É doado de ler e enténdese moi ben. 
Tareixa é a irmá de Xabier, e Adrián é o amigo de Xabier, ela vai narrar os feitos que lle sucederon a Adrián. Tareixa recibe cartas que llas mandou o seu irmán, onde lle conta os problemas que tivo Adrián con esa casa, xa que os propietarios o  convenceron de que a comprara, a partir dese momento empezaron a pasar cousas moi raras e Adrián recibía cartas pedindo socorro. Adrián tiña moito medo e púxose a investigar o ocorrido nesa casa e decide enviarlle as cartas que recibe a Xabier. Un día Adrián deixa de mandarlle as cartas a Xabier, entón el empeza a sospeitar e mándallas a Tareixa para que chame a policía para investigar o sucedido. O final é moi interesante e intrigante.

1 comentario:

Rubén Campelo dixo...

Eu este libro lino moi rápido, porque persoalmente é un dos xéneros que máis me gustan. É un libro moi entretido e intrigante. O que máis me gustou foi o final xa que é novidoso e rompe o tópica de final feliz.
Este libro é un deses que merece a pena lelos.