ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

06/06/13

Ás veces quero morrer coa risa


Comentario de Andrés Seoane





Ás veces quero morrer coa risa
Birgit Schlieper, Nina Stahl
Galaxia






En primeiro lugar foi un libro que me sorprendeu moito porque xa na súa primeira páxina se desvelaba o final do pobre rapaz, quen estaría destinado a morrer aos seus 16 anos dun cancro, tendo unha vida longa por diante.
O temas principais do libro son a morte e o cancro, o título non se identifica moito co libro porque de risa non hai 
practicamente ningunha parte.
O libro está moi ben porque nos  conta o día a día de nenos con cancro no hospital e os diversos conflitos que van xurdindo, e tamén nos fala sobre a marxinación da sociedade cara a estes nenos e isto faite reflexionar e pensar de que ti poderías estar no seu lugar.
É un libro moi triste que tamén trata sobre o amor, pero este amor queda cortado pola morte, e os personaxes están practicamente todos os días sufrindo algo que trasmite dor e pena. 
A pesar disto o libro gustoume porque daste de conta da situación tan dolorosa que sofren estes nenos.

Sen comentarios