ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

14/06/13

As sete mortes



Comentario de Andrea Fernández Ramos

 

As sete mortes
Carlos Vila Sexto
Galaxia 


Cando comecei a ler este libro non había quen mo quitase das mans, pode que sexa groso, pero dende logo, unha vez que comezas a ler non podes parar ata rematalo.
Mantívome intrigada ata o final, e a verdade é que me sorprendeu moito, pero estivo moi ben.
Creo que o mellor do libro é que combina de marabilla a historia coa fantasía.
Que se cometan asasinatos lembroume en todo momento as series de televisión e fixo que me resultase máis interesante e entretido, xa que non podía parar de imaxinarme as escenas dos crimes.
Recoméndolle este libro a todo aquel que se queira sentir coma un axente segreto e descubrir os misterios das sete mortes.

Sen comentarios