ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

13/06/13

A piragua

Comentario de Ana Castro


A piragua
Cándido Pazó
Laiovento





A piragua é un libro de teatro que nos amosa un tema moi vixente na nosa actualidade, que é a violencia de xénero. Estes termos son moito máis que golpes ou malas palabras porque é aquí onde se agocha a falta de liberdade e a difícil situación pola cal moitas mulleres pasan. Unha situación que non sempre remata ben, pero que nos leva a todas as mulleres a loitar por un afán igualatorio e por reivindicar todo iso que algúns non saben valorar.
Cándido Pazo reflexa perfectamente a actitude do protagonista, xa que este saca a relucir o seu carácter prohibitivo e violento a todas horas levando á sua muller a unha das condenas máis duras que poder haber, a falta de liberdade. Porque, que sería este mundo sen un dos seus bens máis preciados?

Sen comentarios