Comentario de Fátima Bouzada
A esmorga
Eduardo Blanco Amor
Galaxia
A primeira
lectura deste libro fixéraa cando tiña 13 anos, é dicir hai 3 anos
aproximadamente. A primeira vez que o lera non o entendín na súa totalidade,
pero houbo certos detalles que non vira. Cando es máis pequeno non te fixas
en certos detalles porque non os ves ou simplemente non lle prestas atención.
Coa segunda lectura, coma xa sabes o tema, prestas máis atención a outras cousas
que se cadra antes pasaras por alto ou non quedaran de todo claras.
O tema do
libro é unha esmorga, unha festa duns cantos amigos que trancorre ao longo
dunha noite e que dá para facer moitas toleadas. Os homes están borrachos polo
que métense con persoas e fan moitas falcatruadas.
Unha cousa
que me chamou moito a atención foi que a historia pasa nunha soa noite, e
moitas veces no libro perdíame pensando en que xa amencera e as cousas pasaban
noutro día distinto.
Gustoume
moito o libro, porque me parece unha lectura distinta ás outras, con temas
distintos e con matices que che permiten disfrutar moito mellor a obra.
Sen comentarios
Publicar un comentario