ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

28/05/13

Pel de lobo

Comentario de Yolanda López


Pel de lobo
Xosé Miranda
Xerais




Este libro fala dun mozo e de seu pai, que era cazador de lobos. Chegan a unha cidade onde lles piden que os axuden a cazar uns lobos pero en especial a unhas lobas moi grandes e moi astutas. Ao final descobren que esas lobas eran fillas do alcalde da cidade que as convertera en lobas porque eran rebeldes e en lúa chea podíanse transformar, a forma de acabar co embruxo era queimando a pel nese intercambio, antes diso dispáranlle a unha das lobas, e pensaban que morrera cando a partir  diso descubriron a realidade a loba branca casou co rapaz e a loba negra desapareceu sen que ninguén volvera saber dela.
O libro está moi ben, é entretido. Eu non era de ler este tipo de libros pero a verdade é que lle dei a oportunidade a un e xa é o terceiro que leo.

Sen comentarios