Comentario de Fátima Bouzada Leira

O señor Ibrahim e as flores do Corán
Eric-Emmanuel Schmitt
Faktoría K
A verdade é que me sorprendeu saber que o libro que tiñamos que ler era tan delgado, pero é relevante destacar que o pequeno leva a grandes cousas, porque deste libro de tan só 60 páxinas tíranse moitas emocións e sentimentos; agora doume conta de que isto era o que Gracia quería, facernos ver que non só se le unha historia allea a un senón que con ela podemos poñernos no lugar dos personaxes e mesmo sentir algunha emoción que non é doada de explicar.
Con este libro un ponse a pensar no afortunado que é ao ter aos teus pais contigo, un privilexio do que gozamos cada día sen percatarnos.
Moisés, o protagonista, tivo a fortuna de toparse con Ibrahim e estreitar tan bos lazos con el, porque de non ser así non se sabe a onde iría parar tras a morte de seu pai. Aínda que el tivese os pais ao seu carón non sería o mesmo, porque a relación que gardaba con eles non era a que se pode apreciar entre un pai e un fillo. As experiencias polas que tivo que pasar na vida, a súa rutina, lévano a ser un rapaz demasiado crido, seguro de si mesmo, pero Ibrahim é máis vello ca el, e dáse de conta de moitas cousas, sen que Moisés diga nada.
É unha boa historia, un gran libro, que a min ao lelo fíxome reflexionar e pensar en todo o que teño na vida e nas persoas que me queren e me apoian día a día.
Sen comentarios
Publicar un comentario